Atilla el turco

Atilla entró el mismo día que yo en el departamento. Es turco y parece buen tío, pero mientras yo hice desde el principio esfuerzos por integrarme parece que a él le cuesta más y tiene cierta tendencia a aislarse. Probablemente no ayude que su inglés es bastante malo (suele pasarle a los turcos, por lo que veo). Y la verdad es que tiene pinta de andar medio fumado casi siempre.

Por eso, a pesar de que a priori podría ser un aliado desde el principio, no tuvimos mucho trato. Aunque quizas es conmigo con quien más ha hablado… El caso es que hoy me ha sorprendido y el gran Atilla me ha invitado a mí y a algun@ más a una fiesta en su casa!! Y el plan es curioso: licores turcos y queso!

El caso es que estaba dudando si ir a un encuentro de la peña del couchsurfing o a jugar a los bolos con el pakistaní pero me creo que me decanto por el plan de Atilla…

Y mañana más!

PD: prometo fotos en breve. Además, hoy voy a «correos» a recoger mi cámara reflex que me mandaron desde lacoru (era eso o los jerseys en la maleta…). De Atilla no tengo, así que por lo pronto os dejo fotos de los días que fui a patinar para que vayais conociendo a la ONU de la Fluid Dynamics Divison.

Foto 1: el primer día con H, el pakistaní, que era la primera vez que patinaba. H. es un tío curioso, el más cachondo del labo (aunque ahora que voy cogiendo confianza alguien me llamó «little H»…). Está siempre de coña y puteando y es de esta gente que tiene gracia para contar las cosas. Es bastante chulo pa todo. No bebe alcohol ni come cerdo y me enteré hace poco de algo bastante chocante: esta semana está previsto que nazca su primer hijo en Pakistán… y él quiere jugar a los bolos.

Foto 2: P. el iraní. P es de los que mejor me cae aquí: es un tío muy simpático y de puta madre. Era también la primera vez que patinaban. Él y H bromeaban con que, aún siendo muy malos, seguramente ya podrían entrar en el equipo olímpico de patinaje sobre hielo de Irán y Pakistán. P no quiere saber nada de Irán y no es musulmán. Lleva aqui 5 años. Hace maquetas chulísimas de coches de papel y tiene un Volvo alucinante en el que casi cabe mi apartamento…

Foto 3: intento de foto de grupo con crisis cuando H intenta mantener el equilibrio…

Foto 4: siempre dispuesto a echar una mano…

Foto 5: foto de grupo. De izq a derecha: H y yo, F (turca), L (china), M (sueco) y su moza (no recuerdo el nombre…), L (sueca) y P. Debajo, unas niñas disfrazadas que patinaban como dios XD.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , | 958 comentarios

Waiting for a sunny day

A pesar de que o tempo está sendo bastante benigno desque cheguei, á xente do Sur o inverno sueco fáiselles máis ben duro…

Publicado en Sin categoría | 1.359 comentarios

Ventana indiscreta

Para alguén que viviu boa parte da súa vida in the middle of the monte, coma mín, sempre resulta chocante iso de sentirse rodeado de vidas alleas, tan descoñecidas como cercanas.

O meu bloque de apartamentos está rodeado por outros bloques para estudantes e, un pouco máis lonxe, pisos convencionais. Inclúo unha foto do bloque de enfronte que acabo de facer. Os apartamentos de estudantes están moi requiridos, e en xeral en Suecia o dos pisos baleiros non se estila. Ademais, a falta de luz durante o inverno fai que en xeral nos países nórdicos busquen a máxima superficie de ventanal posible, moitas veces sen cortinas nin persianas.

Total, que mirando pola fiestra teño a tiro unha gran cantidade de fiestras alleas con vida no seu interior. Aínda que levo poucos días aquí, xa me fixei nalgunha conducta estrana nos apartamentos de enfronte:

– No primeiro piso hai unha habitación cun pantallón enorme de plasma que está acendido SEMPRE. Cando digo sempre quero dicir que cando me ergo ás 7:30 e abro as persianas, está acendido. Cando onte me deitei ás 4 logo de tomar unhas cervexas, estaba acendido. Día e noite, día tras día.

– Hai unha sueca nun piso enfrente que ten a luz acesa todo o día e toda a noite.

– Sei que todos estades pensando en sexo. E si, o venres vin a unha parella darse o lote na mesa da cociña, espirse e marchar para a habitación, supoño…

– En outro dos pisos de enfrente hai un bebé. Estudantes con fillos? Maybe…

E nada máis, podedes comezar con comentarios chungos sobre as miñas aficións voyerísticas e a miña falta de vida social… 😛

PD: agora xa podo subir fotos e irei publicando algunha. Polo pronto actualicei as das entradas anteriores e a da cabeceira.

PD2: onte fun de karaoke, e non, non teño vídeo da miña performance :). Adiviñade o temazo.

Publicado en Sin categoría | 997 comentarios

Movidas sorprendentes

1. Saiu o sol. Finde frío pero bonito cun ceo azul.

2. Coñecín un francés simpático XD.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , | 1.223 comentarios

Voume escartar

As perspectivas para o meu finde melloran. Polo pronto vou ir patinar sobre xeo o domingo. Hoxe descansar, durmir ben, mañán turismo e logo xa se verá! A ver se estou enteiro o luns!

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , | 1.513 comentarios

Un turco me regaló un pincho

Como lo oyes, chorbo! Fun mercar a un súper destes rexentados por turcos e por primeira vez me atopei cun fulaniño que non sabía falar inglés. Pero nada, entre turcos nos entendemos e, despois de recomendarme fairy para fregar o chan, pregunteille se tiña tesoiras e me deu as súas. Porque lle gustan os españois, dixo. Se soubera que eu son ghalegho…

Parecíase moito ao fulaniño este dos Simpson….

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Comentarios desactivados en Un turco me regaló un pincho

Buah neno, qué pelete!

Olas!! Buf! Complicado condensar estas 48 horas en Göteborg. Segundo se me acumulan as anécdotas resulta máis complicado resumir. En plan esquema:

– Cheguei ao máis puro estilo Paco Martínez Soria. Como aterricei a horas intempestivas (6 da tarde…), as oficinas do SGS (aloxamento de estudantes) estaban pechas. Pero son xente preparada e teñen un sistema moi futurista para darme as chaves: introducir un código de 6 díxitos nun panel na porta do SGS. Ábrese a portiña dunha caixa na que cae un cilindro (rollo 1984) coas chaves, e logo deixas o cilindro nunha caixa (always recycling). Pois ben, aquí don enxeñeiro confundiuse de portal (hai que dicir que había un sinal mal) e pasou 10 minutos pulsando números dun telefonillo. E logo media hora a 5 baixo cero e cos maletóns para atopar o sitio.

– Apartment: resulta que todos estes bloques son pisos e apartamentos para estudantes. Están cheos de xente e moi solicitados, tiven unha sorte de carallo. Eu estou no 80, que está guai porque foi o penúltimo en construirse e porque ten un pub no baixo e piscina climatizada no soto! O apartamento está bastante ben, aínda teño que mercar unhas cuantas cousas básicas pero xa está medianamente habitable. Moito ventanal, boa temperatura e sitio de sobra para mín e as miñas cousas. E bastante novo e limpo. Ten a típica ducha sen planto de ducha, un rollo que me pon nervioso.

– Universidade: acojonante. Agora entendo a Jorge perfectamente cando voltou de Escocia… Tardo como en 10 minutos en chegar a Chalmers, que é a universidade técnico-científica de Göteborg. O campus está cojonudo e a facultade tamén. Cantas menos aulas ten, mellor é unha facultade. Cada vez o teño máis claro. A cafetería parece un Starbucks e é máis silenciosa que a biblioteca de camiños ou a Intercentros de Lugo… O departamento é incrible: grande con moitísima xente currando de todo o mundo. Ten unhas facilidades alucinantes: despachos enormes, biblioteca propia, todo o equipo que queiras, material de oficina listo para coller e levar e unha sala de café/comedor ACOJONANTE onde podes coller froita de balde…

– Fika: unha tradición curiosa é a da fika. Imaxinádeme, agardando para falar co meu supervisor e vexo a un velliño de barbas paseando polo pasillo do departamento cunha campá destas para chamar ao mordomo… Fika time!! Resulta que TODOS, profes e doutorandos e investigadores se xuntan no comedor ás 14:45. Cada día hai un encargado de preparar café (e te, que hai moita xente de Turquía e Oriente Medio) e mercar pasteis. Alí nos presentaron aos dous novos: Bruño e Atilla. Turcos ambos 😉

– Lars: ter un supervisor sueco que fala en inglés cun acentazo e que é tatexo é toda unha experiencia. Cando ademais é xefe de sección e ten o tempo cronometrado, máis. Pero teño que dicir que moi ben co señor Lars, máis simpático en persoa que nos seus lacónicos mails.

– Departments’ peñita: non teño queixa. Moi majetes. Temos un hispano-falante, un colombiano chamado Barcelai (ou algo así). Si, como o ron XD. Onte fun cear con 3 islandeses, moi simpáticos eles, que comen como animales. Coma sempre, o Dépor abríndome portas, que razón ten o Centolo de Lendoiro cando di que é máis famoso que a Catedral… O dito, moi amables, está por ver que fagan algo de vida social fóra dalí…

– Suec@s: peña chunga. Non, en realidade son súper amables, pero sempre mantendo distancias. O primeiro que me chamou a atención, xa antes de subir ao avión, é o silencio. Esta peña non fala. Ou fala baixísimo. Só se lles oe cando falan polo móbil. Polo demais, moi educados. O idioma é unha barreira. Todos falan moi ben o inglés, pero, loxicamente, todo está en sueco e eles se dirixen a ti en sueco. Dende logo, de quedar aquí máis tempo habería que aprender algo.

– Tópicos: será de oílo sempre, pero non me chaman a atención as suecas tanto como se di. Hai de todo, como en todas partes. Sinceiramente, eu se fose elas non me fixaría nadiña nos estranxeiros, porque os guapos son os suecos. Todos altos, rubiacos, deportistas e medio metrosexuais… Co frío e os prezos pásame igual. Seguramente esperaba algo tan chungo que agora non me parece para tanto. Está todo xeado, pero téñeno ben amañado para camiñar. Disque está facendo especialmente pouco frío. Non sei, o caso é que aínda non vin o sol.

E nada, vai chegando como primeira entrada, a ver se o resto as dosifico mellor. Go for the shadow, people!

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Comentarios desactivados en Buah neno, qué pelete!