Ventana indiscreta

Para alguén que viviu boa parte da súa vida in the middle of the monte, coma mín, sempre resulta chocante iso de sentirse rodeado de vidas alleas, tan descoñecidas como cercanas.

O meu bloque de apartamentos está rodeado por outros bloques para estudantes e, un pouco máis lonxe, pisos convencionais. Inclúo unha foto do bloque de enfronte que acabo de facer. Os apartamentos de estudantes están moi requiridos, e en xeral en Suecia o dos pisos baleiros non se estila. Ademais, a falta de luz durante o inverno fai que en xeral nos países nórdicos busquen a máxima superficie de ventanal posible, moitas veces sen cortinas nin persianas.

Total, que mirando pola fiestra teño a tiro unha gran cantidade de fiestras alleas con vida no seu interior. Aínda que levo poucos días aquí, xa me fixei nalgunha conducta estrana nos apartamentos de enfronte:

– No primeiro piso hai unha habitación cun pantallón enorme de plasma que está acendido SEMPRE. Cando digo sempre quero dicir que cando me ergo ás 7:30 e abro as persianas, está acendido. Cando onte me deitei ás 4 logo de tomar unhas cervexas, estaba acendido. Día e noite, día tras día.

– Hai unha sueca nun piso enfrente que ten a luz acesa todo o día e toda a noite.

– Sei que todos estades pensando en sexo. E si, o venres vin a unha parella darse o lote na mesa da cociña, espirse e marchar para a habitación, supoño…

– En outro dos pisos de enfrente hai un bebé. Estudantes con fillos? Maybe…

E nada máis, podedes comezar con comentarios chungos sobre as miñas aficións voyerísticas e a miña falta de vida social… 😛

PD: agora xa podo subir fotos e irei publicando algunha. Polo pronto actualicei as das entradas anteriores e a da cabeceira.

PD2: onte fun de karaoke, e non, non teño vídeo da miña performance :). Adiviñade o temazo.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.