Buah neno, qué pelete!

Olas!! Buf! Complicado condensar estas 48 horas en Göteborg. Segundo se me acumulan as anécdotas resulta máis complicado resumir. En plan esquema:

– Cheguei ao máis puro estilo Paco Martínez Soria. Como aterricei a horas intempestivas (6 da tarde…), as oficinas do SGS (aloxamento de estudantes) estaban pechas. Pero son xente preparada e teñen un sistema moi futurista para darme as chaves: introducir un código de 6 díxitos nun panel na porta do SGS. Ábrese a portiña dunha caixa na que cae un cilindro (rollo 1984) coas chaves, e logo deixas o cilindro nunha caixa (always recycling). Pois ben, aquí don enxeñeiro confundiuse de portal (hai que dicir que había un sinal mal) e pasou 10 minutos pulsando números dun telefonillo. E logo media hora a 5 baixo cero e cos maletóns para atopar o sitio.

– Apartment: resulta que todos estes bloques son pisos e apartamentos para estudantes. Están cheos de xente e moi solicitados, tiven unha sorte de carallo. Eu estou no 80, que está guai porque foi o penúltimo en construirse e porque ten un pub no baixo e piscina climatizada no soto! O apartamento está bastante ben, aínda teño que mercar unhas cuantas cousas básicas pero xa está medianamente habitable. Moito ventanal, boa temperatura e sitio de sobra para mín e as miñas cousas. E bastante novo e limpo. Ten a típica ducha sen planto de ducha, un rollo que me pon nervioso.

– Universidade: acojonante. Agora entendo a Jorge perfectamente cando voltou de Escocia… Tardo como en 10 minutos en chegar a Chalmers, que é a universidade técnico-científica de Göteborg. O campus está cojonudo e a facultade tamén. Cantas menos aulas ten, mellor é unha facultade. Cada vez o teño máis claro. A cafetería parece un Starbucks e é máis silenciosa que a biblioteca de camiños ou a Intercentros de Lugo… O departamento é incrible: grande con moitísima xente currando de todo o mundo. Ten unhas facilidades alucinantes: despachos enormes, biblioteca propia, todo o equipo que queiras, material de oficina listo para coller e levar e unha sala de café/comedor ACOJONANTE onde podes coller froita de balde…

– Fika: unha tradición curiosa é a da fika. Imaxinádeme, agardando para falar co meu supervisor e vexo a un velliño de barbas paseando polo pasillo do departamento cunha campá destas para chamar ao mordomo… Fika time!! Resulta que TODOS, profes e doutorandos e investigadores se xuntan no comedor ás 14:45. Cada día hai un encargado de preparar café (e te, que hai moita xente de Turquía e Oriente Medio) e mercar pasteis. Alí nos presentaron aos dous novos: Bruño e Atilla. Turcos ambos 😉

– Lars: ter un supervisor sueco que fala en inglés cun acentazo e que é tatexo é toda unha experiencia. Cando ademais é xefe de sección e ten o tempo cronometrado, máis. Pero teño que dicir que moi ben co señor Lars, máis simpático en persoa que nos seus lacónicos mails.

– Departments’ peñita: non teño queixa. Moi majetes. Temos un hispano-falante, un colombiano chamado Barcelai (ou algo así). Si, como o ron XD. Onte fun cear con 3 islandeses, moi simpáticos eles, que comen como animales. Coma sempre, o Dépor abríndome portas, que razón ten o Centolo de Lendoiro cando di que é máis famoso que a Catedral… O dito, moi amables, está por ver que fagan algo de vida social fóra dalí…

– Suec@s: peña chunga. Non, en realidade son súper amables, pero sempre mantendo distancias. O primeiro que me chamou a atención, xa antes de subir ao avión, é o silencio. Esta peña non fala. Ou fala baixísimo. Só se lles oe cando falan polo móbil. Polo demais, moi educados. O idioma é unha barreira. Todos falan moi ben o inglés, pero, loxicamente, todo está en sueco e eles se dirixen a ti en sueco. Dende logo, de quedar aquí máis tempo habería que aprender algo.

– Tópicos: será de oílo sempre, pero non me chaman a atención as suecas tanto como se di. Hai de todo, como en todas partes. Sinceiramente, eu se fose elas non me fixaría nadiña nos estranxeiros, porque os guapos son os suecos. Todos altos, rubiacos, deportistas e medio metrosexuais… Co frío e os prezos pásame igual. Seguramente esperaba algo tan chungo que agora non me parece para tanto. Está todo xeado, pero téñeno ben amañado para camiñar. Disque está facendo especialmente pouco frío. Non sei, o caso é que aínda non vin o sol.

E nada, vai chegando como primeira entrada, a ver se o resto as dosifico mellor. Go for the shadow, people!

Esta entrada ha sido publicada en Sin categoría y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.

0 respuestas a Buah neno, qué pelete!

  1. FM67 dijo:

    «aínda teño que mercar unhas cuantas cousas básicas» …. coido que en Suecia hai IKEA… 😛
    unha aperta, e que che vaia MOIIII BENNNN: segue contando cousas! 😀

  2. Nomegruñas quenoteveo dijo:

    Ey!! Que boa pinta!!!
    Recordome cando voltei de bristol que vacilábasme con frases del tipo: «ay claro, allí todo es mejor» Pois agora deberías autovacilarte!!
    En bristol ás galletas invitaba o director do departamente (igualiño que aquí… jeje)

    Moi chulo o blog ¡noraboa!

  3. Pataka dijo:

    Segue faltando un post sobre cachondas.