Jotemburjo

Bueno, hoxe toca ver algunhas fotos de este «pequeno Londres» (pola cantidade de pubs) ou «Amsterdam do Norte» (polos canais) ou simplemente Göteborg.

Non é que fixera moito turismo nestas case 3 semanas que levo aquí. Adiquei o primeiro sábado e o día de onte a patear algo a cidade pero me quedan cousas por ver. Cando fai un día bonito ou neva, trato de dar unha volta por algún sitio novo e descubrir novos rincóns da cidade, ao tempo que orientarme mellor nela. Gústame moito patear as cidades sen rumbo claro e ir descubrindo eses sitios con algo de encanto que non veñen nas guías.

Do que é a cidade xa fun coñecendo o máis importante. Só fun a un museo, o de deseño (Röhsska), precisamente hoxe. O certo é que hai moitos museos interesantes aquí, e o de Deseño, o de Belas Artes, o Marítimo (que ten acuario), o de Historia Natural e o Municipal poden visitarse por só 4 euros ao ano! Outros son máis caros, como o Universeum, que costa 16 euros. É un museo de ciencia pero tamén ten zonas con aves e animais exóticos. Tamén hai un Museo de Culturas do Mundo, un barco museo no peirao, o museo Volvo e algún máis.

Polo demais, quédanme dúas cousas importantes por ver: o Palacio de Gunnebo e, sobre todo, o Arquipiélago, que seica é o máis bonito que hai por aquí. Pero leva tempo a visita e todos recomendan facela cando o clima é máis benigno e os días longos. Tamén teño que visitar o Parque Slottskogen (antigo coto de caza real) e o magnífico xardín botánico, pero prefiro facelo cando haxa follas nas árbores.

A miña impresión inicial da cidade foi algo contradictoria. Por un lado gústame moito: grande pero asequible, agradable, con moita vida de ocio (impresionante o ambiente nocturno), moitos parques e tranquila ao mesmo tempo. A zona do río e a desembocadura do Göta gustoume moito, a pesar da presencia industrial. Por outro lado, non ten nada moi chamativo: un monumento ou un lugar de referencia a modo de Torre de Hércules ou Porta de Brandenburgo, pero iso pásalle a moitas cidades… verdad Madrid?? 😉 O barrio de Haga é bonito, pero nada do outro mundo. A zona do centro tamén, pero como noutras cidades nórdicas. As avenidas son señoriais, pero algo frías. Os parques e os canais son bonitos, si… Pero non sei, digamos que me parece un lugar moi agradable para vivir pero quizais lle falte un punto pintoresco.

Por outro lado, fóra da zona máis céntrica (a que se atopa entre os canais e o río na marxe Sur), a cidade resúltame estrana porque é pouco compacta. De grandes avenidas comerciais pasas a zonas residenciais de aspecto suburbano, e logo a parques ou zonas verdes onde directamente semella que saíches do casco urbano… e en absoluto é así. Pode que me gusten as cidades máis compactas propias do Sur de Europa… É algo que tamén pasa en sitios como Londres ou Amsterdam.

Bueno, estas son un pouco as miñas impresións. Agora vos poño algunhas fotos para que teñades as vosas. Non son gran cousa nin recollen todo ou nin sequera o mellor, pero así ides vendo un pouco de Jotemburjo.

As fotos van sen un orden especial e saqueinas co meu móbil. Tampouco puxen moita atención en fotografar cousas porque levaba o vídeo e porque penso que terei máis ocasións coas visitas. Prefiro sacar fotos a cousas curiosas.

Esta entrada ha sido publicada en Sin categoría y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.