Xornada de reflexión

Non posteei nada nestes últimos días. Quixen subir fotos de Estocolmo e de Göteborg pero non puiden por razóns alleas a mín. Polo demais, ocurríronseme bastantes cousas que comentar: dende os caramelos de sal ata a miña primeira visita ao Systembolaget pasando pola miña primeira tortilla de patacas, a historia de cómo vencín á capa centenaria de roña do fregadeiro ou contar as últimas andanzas de A. o turco…

Apaixoante todo pero non me apetece demasiado poñerme con iso agora. Esta mañá sinxelamente o cansancio acumulado non me permitiu levantarme. Logo de hora e media aporreando o despertador cada 8 minutos decidín que non ía a currar. Ademais, o meu supervisor está fóra e témome ter pouco traballo nos próximos días. Pode que iso acabe derivando en máis posts.

Iso non significa que non fixese cousas: acabei de redactar algunha cousa que tiña pendente, fixen unha mega compra e a colada máis grande do universo. Tamén experimentei cociñando un pouco de arroz cunha mega-salchicha típica sueca que deixou un cheiro a barbacoa bastante chungo na habitación… E comecei «Hermanos de Sangre».

Tamén estiven pensando en qué facer nos 4 días libres de Semana Santa. Teño claro que non quero quedar aquí nin ir a casa. Andaba á expectativa dalgunha posible visita pero semella que non haberá. Podería ir a Copenague con dous compis do laboratorio  pero non me seduce demasiado o plan nin a compaña. Así que decidín quitarme a espiniña de ir ao Norte e pillarme un billete no tren nocturno a Laponia. Os sami (poboación indíxena da Laponia sueca, noruega, finlandesa e rusa) están de celebración da primavera e… quén sabe, poida que incluso quede algunha aurora boreal despistada…

Apertas!

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Comentarios desactivados en Xornada de reflexión

Peter Siepen

Estaba eu hai dúas semanas nun garito chamado Park Lane con xente do traballo tomando algo. De repente algo chama a miña atención: un fulano mestura de Village People, Iggy Pop, Capitán Stubin e Tino Casal. «What the fuck?» «He is a Swedish celebrity». E non só iso, era o pincha do local, e teño que dicir que foi ao fácil pero pinchou de puta madre, ademáis de amenizar o show. Un crack así merecía inmortalizar o momento.

Peter Siepen chámase, e non sei de ónde provén a súa fama. Segundo unha colega que estaba alí é desta xente que comeza a saír na tele con calquera prtexto e logo fai o necesario para quedar alí, no submundo do famoseo. Algo de grimilla dá, pero como ghasta pista

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , | 1.678 comentarios

Cousas que deberiamos importar (1)

O toallero-radiador. Inventazo. Toallero e radiador 2 en 1. Algo tan simple como sacar as tuberías da parede e darlles unha forma sinuosa. E o gustiño que dá sair da ducha e secarse cunha toalla ben seca e quentiña…

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Comentarios desactivados en Cousas que deberiamos importar (1)

Arquipiélago

Intensos últimos días de turismo aproveitando a visita dos meus pais. A verdade é que estou canso pero moi contento pola visita e triste á vez pola súa marcha. Estivemos en Göteborg e Stockholm. No primeiro día aquí visitamos o arquipiélago Sur. Como toda a costa entre Göteborg e Noruega, caracterízase pola presencia de pequenas illas que crean unha paisaxe bastante única. No caso de Göteborg hai dous arquipiélagos: un ao Sur e outro ao Norte da desembocadura do río Göta que dá nome á cidade. Aparte da paisaxe, o peculiar das illas é que están habitadas e conectadas mediante un transporte moi eficaz coa cidade. Realmente son «barrios residenciais» da mesma. Pero, a diferencia de Estocolmo, estas illas non están integradas no casco urbán, senón que están realmente alonxadas. Nelas non hai coches (poida que algunha furgoneta e coches eléctricos ou motocicletas nas máis grandes). A súa poboación en inverno é de 4500 persoas (falo do arquipiélago Sur), pero no verán dóbrase. Hainas pequenas como un promontorio de rocha e outras bastante grandes, zonas de reserva natural e de aves e mesmo algunha praia de area

 

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , | 1.427 comentarios

Atilla, hot body

«I couldn’t sleep tonight. My body was very hot. I like… naked, but I couldn’t sleep anyway».

Fucking crack. Isto chegando ao labo ás 10:30…

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | 1.055 comentarios

Deseño sueco

Alguén quere un cinceiro de deseño? Non todo ía ser Ikea…

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Deseño sueco

Turbulencia

Nunca tal pensei…

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , | 1.258 comentarios

Suecos, peña curiosa

Bueno, penso que xa tardaba un post do estilo de «qué raro é todo aquí». Velaí vai, e seguro que ten continuación.

Realmente o que nos debería chamar a atención son as poucas diferencias que hai dun país a outro (polo menos se nos movemos no suposto mundo occidental). É chamativo o moito que nos semellamos todos no noso comportamento e nas reaccións. E, no caso de Suecia, fríos aparte, de seguido te sintes como en casa (e máis nesta época de líneas baratas, skypes e blogs…). Rúas, coches, buses, Zaras, McDonalds… Un mundo ben parecido ao noso, para ben e para mal. Precisamente a clave está nas pequenas cousas. Estas son algunhas das que máis me chamaron a atención nestas 3 semanas:

Silencio: debo estar acostumándome porque xa non reparo tanto niso, pero me impactou moito ao comezo. Os suecos son silenciosos e raramente os escoitarás berrar ou mesmo falar.

Systembolaget: unha das peculiaridades máis famosas de Suecia é a súa relación co alcol. Son grandes bebedores, pero a distribución de bebidas alcólicas de alta gradación está restrinxida a un monopolio estatal: unhas tendas chamadas Systembolaget que teñen ademais un horario moi restrinxido e prezos altos. Podes mercar cervexa no súper, pero se queres licores, tes que ir ao Systembolaget si ou si ou pagar cantidades abusivas en pubs, clubs e bares. Curioso é tamén o grao de aceptación positiva que ten entre os propios suecos.

Snus: máis curioso aínda é o do snus, por ser algo moi particular de aquí e pola contradicción que supón co tema do alcol. O snus é unha especie de tabaco en polvo con grandes cantidades de nicotina que se vende en tarrinas circulares e normalmente ven dentro dunha bolsiña. Podes mercalo en calquera súper ou quiosco e a xente o pon debaixo dun beizo e deixa que vaia soltando a sustancia. É un producto prohibido en toda a UE salvo eiquí, onde se consume moitísimo por xente de todo tipo e idade. Eles din que é máis san que o tabaco, e seguramente sexa así, pero os seus efectos sobre a saúde non están claros. É moi adictivo e bastante forte. É habitual que provoque náuseas ou vómitos cando se comeza a consumir. Eu probeino unha vez e tiven que tiralo á media hora porque me revolvía o estómago.

– «A ver el carné«: dende que tiña 16 anos non me pedían o carné. E menos para entrar nun «Sport Bar» ás 8 da tarde. Non hai canas que vallan.

Perruquerías a tutiplén: a pouco que levedes aquí veredes que os suecos (e suecas, pero especialmente eles) van bastante repeinados. Normal, nunha rúa de Göteborg é mil veces máis sinxelo atopar unha perruquería que un súper ou unha papelería. No meu camiño de 10 minutos a Chalmers paso por diante de 4… e nunha zona pouco comercial. Iso si, debe ser a gran competencia a que impón os prezos: hoxe fun cortarme certos pelos crespos que tiña na nuca e me cobraron 230 coronas (25 eurazos) por media horiña e sen lavado…

Comida espacial: case calquera producto con consistencia «pastosa» podes mercalo dentro dunha especie de tubos xigantes de pasta de dentes. Xa sexa sucedáneo de caviar ou paté ás finas herbas ou unha especie de ensaladilla. Dá algo de repelús, si…pero que carallo! In Rome do as Romans…

Cartóns de leite con mensaxe: non saímos do súper. Sóanvos os típicos cartóns de leite co aviso de «nena desaparecida» das películas americanas? Pois aquí fan o mesmo nos cartóns de Mjölk…

– Adoradores de Ra: recordo a sorpresa que causara na moi CTV Praza de Vigo a presencia de Christian Whilemson, xogador sueco do Dépor hai un par de anos, tomando o sol tirado nun banco en pleno mes de marzo. Para el debe ser o máis normal do mundo. Os suecos VENERAN o sol e a luz. Sinceramente, na miña curta estancia vexo que hai bastantes días de «sol», sen nubes nin choiva. Creo que chove bastante máis en Coruña por estas datas (aínda que agora coincidise bo tempo) que aquí. Pero en calquera caso o inverno é escuro e fáiselles MOI longo. De outubro a abril-maio teñen neve, xeadas e días curtos. Por outro lado, o sol quece moi pouquiño aquí. A inclinación dos raios fai que dificilmente chegues a sentir a súa calor, e as sombras son alongadas, polo que dificilmente chegan ás fiestras durante moito tempo. Supoño que por todo isto, en canto ven o sol a xente tenta como sexa sair afora a comer ou tomar un café, aínda que a temperatura sexa baixo cero. É habitual velos «tomando o sol» cos ollos pechos sentados en calquera sitio e enfundados nos seus anoraks durante un break no ir e vir. Curioso.

– Fika e larpeiradas: xa falei da Fika, ese bo costume sueco consistente en facer un coffee break despois de xantar e tomar café ou te con pasteis. Debo engadir que a xente aquí é o máis larpeiro que poidades imaxinar. En todos os súper hai unha sección enorme de gominolas. Un día á semana póñense cochos de semla, unha especie de tartaleta de crema rica pero empalagosa que lles encanta. Un rei sueco morreu de indixestión logo de tomar 14 semlas de postre… Merengues, muffins, biscoitos con especias, tartas……. De todo e para todos e en cantidade! Eu atopei unha especie de merengues recubertos de chocolate aos que me estou voltando adicto…

Muletas: non é fácil moverse polas beirarrúas no inverno sueco. Cheas de xeo, neve e unha especie de pedriñas que botan para evitar que se esbare. Por iso é moi frecuente ver á xente maior axudarse con muletas e andadores nos seus paseos.

– Cash? Non, grazas: hoxe me decatei de que levo toda a semana sen un can en efectivo na carteira. Nin falta que fai. Aquí todo vai con tarxeta. Dende un chicle nun quiosco a unha pinta nun bar, o NORMAL é pagar coa tarxeta de crédito sempre.

Abracitos: os suecos están rodeados por unha burbulla invisible. Complicado entrar dentro dese espacio persoal. Fisicamente tamén ocorre, non son dados ao contacto físico. Son bastante secos nos saúdos e moitas veces non saúdan ao chegar ao traballo ou se despiden ao irse. Un apretón de mans é o máis que podes agardar. Por iso me sorprendeu que, «entre amigos», a despedida habitual sexa unha especie de abrazo, especialmente coas rapazas. Un abrazo medio ful, todo hai que dicilo, cunha soa man e mantendo distancias, of course, pero curioso de todos xeitos.

– «Turcos» todos: cando un sueco se refire a unha persoa de fóra, especialmente aos inmigrantes, acostuma a chamalo «turco», dá igual que sexa español, iraní ou colombiano. Disque o fan con todos pero eu penso que se refire máis ben á xente de pel «escura», xa que aquí hai moitísima xente de Oriente Medio (e moitos turcos, por iso os chaman así) e tamén de Latinoamérica. No meu caso acertan 😛

Chonismo e metrosexualismo: teorías made in Bruño. Entre os tíos suecos hai dous looks fundamentais, independentemente da idade (de 0 a 90): metrosexual e tiradillo. E hai máis do primeiro, mesmo entre cativos e xente maior, que do segundo. O caso das rapazas é máis complexo. Eu diría que hai 3 looks: sosainas, choni cool e alternativa. Tamén hai rapaces que levan rollo alternativo, pero menos. Neste caso hai diferencias en idades: segundo se fan maiores van desaparecendo as alternativas e as sosainas gañan terreo, pero as nordic-chonis seguen estando presentes. Como é o look «choni cool»? Teredes que vir para sabelo, pero en seguida entenderedes a qué me refiro 😉

Outro día máis! Apertas!

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , | 1.339 comentarios

Cause I need it

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | 1.518 comentarios

Jotemburjo

Bueno, hoxe toca ver algunhas fotos de este «pequeno Londres» (pola cantidade de pubs) ou «Amsterdam do Norte» (polos canais) ou simplemente Göteborg.

Non é que fixera moito turismo nestas case 3 semanas que levo aquí. Adiquei o primeiro sábado e o día de onte a patear algo a cidade pero me quedan cousas por ver. Cando fai un día bonito ou neva, trato de dar unha volta por algún sitio novo e descubrir novos rincóns da cidade, ao tempo que orientarme mellor nela. Gústame moito patear as cidades sen rumbo claro e ir descubrindo eses sitios con algo de encanto que non veñen nas guías.

Do que é a cidade xa fun coñecendo o máis importante. Só fun a un museo, o de deseño (Röhsska), precisamente hoxe. O certo é que hai moitos museos interesantes aquí, e o de Deseño, o de Belas Artes, o Marítimo (que ten acuario), o de Historia Natural e o Municipal poden visitarse por só 4 euros ao ano! Outros son máis caros, como o Universeum, que costa 16 euros. É un museo de ciencia pero tamén ten zonas con aves e animais exóticos. Tamén hai un Museo de Culturas do Mundo, un barco museo no peirao, o museo Volvo e algún máis.

Polo demais, quédanme dúas cousas importantes por ver: o Palacio de Gunnebo e, sobre todo, o Arquipiélago, que seica é o máis bonito que hai por aquí. Pero leva tempo a visita e todos recomendan facela cando o clima é máis benigno e os días longos. Tamén teño que visitar o Parque Slottskogen (antigo coto de caza real) e o magnífico xardín botánico, pero prefiro facelo cando haxa follas nas árbores.

A miña impresión inicial da cidade foi algo contradictoria. Por un lado gústame moito: grande pero asequible, agradable, con moita vida de ocio (impresionante o ambiente nocturno), moitos parques e tranquila ao mesmo tempo. A zona do río e a desembocadura do Göta gustoume moito, a pesar da presencia industrial. Por outro lado, non ten nada moi chamativo: un monumento ou un lugar de referencia a modo de Torre de Hércules ou Porta de Brandenburgo, pero iso pásalle a moitas cidades… verdad Madrid?? 😉 O barrio de Haga é bonito, pero nada do outro mundo. A zona do centro tamén, pero como noutras cidades nórdicas. As avenidas son señoriais, pero algo frías. Os parques e os canais son bonitos, si… Pero non sei, digamos que me parece un lugar moi agradable para vivir pero quizais lle falte un punto pintoresco.

Por outro lado, fóra da zona máis céntrica (a que se atopa entre os canais e o río na marxe Sur), a cidade resúltame estrana porque é pouco compacta. De grandes avenidas comerciais pasas a zonas residenciais de aspecto suburbano, e logo a parques ou zonas verdes onde directamente semella que saíches do casco urbano… e en absoluto é así. Pode que me gusten as cidades máis compactas propias do Sur de Europa… É algo que tamén pasa en sitios como Londres ou Amsterdam.

Bueno, estas son un pouco as miñas impresións. Agora vos poño algunhas fotos para que teñades as vosas. Non son gran cousa nin recollen todo ou nin sequera o mellor, pero así ides vendo un pouco de Jotemburjo.

As fotos van sen un orden especial e saqueinas co meu móbil. Tampouco puxen moita atención en fotografar cousas porque levaba o vídeo e porque penso que terei máis ocasións coas visitas. Prefiro sacar fotos a cousas curiosas.

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , | 1.155 comentarios