Xornada de reflexión

Non posteei nada nestes últimos días. Quixen subir fotos de Estocolmo e de Göteborg pero non puiden por razóns alleas a mín. Polo demais, ocurríronseme bastantes cousas que comentar: dende os caramelos de sal ata a miña primeira visita ao Systembolaget pasando pola miña primeira tortilla de patacas, a historia de cómo vencín á capa centenaria de roña do fregadeiro ou contar as últimas andanzas de A. o turco…

Apaixoante todo pero non me apetece demasiado poñerme con iso agora. Esta mañá sinxelamente o cansancio acumulado non me permitiu levantarme. Logo de hora e media aporreando o despertador cada 8 minutos decidín que non ía a currar. Ademais, o meu supervisor está fóra e témome ter pouco traballo nos próximos días. Pode que iso acabe derivando en máis posts.

Iso non significa que non fixese cousas: acabei de redactar algunha cousa que tiña pendente, fixen unha mega compra e a colada máis grande do universo. Tamén experimentei cociñando un pouco de arroz cunha mega-salchicha típica sueca que deixou un cheiro a barbacoa bastante chungo na habitación… E comecei «Hermanos de Sangre».

Tamén estiven pensando en qué facer nos 4 días libres de Semana Santa. Teño claro que non quero quedar aquí nin ir a casa. Andaba á expectativa dalgunha posible visita pero semella que non haberá. Podería ir a Copenague con dous compis do laboratorio  pero non me seduce demasiado o plan nin a compaña. Así que decidín quitarme a espiniña de ir ao Norte e pillarme un billete no tren nocturno a Laponia. Os sami (poboación indíxena da Laponia sueca, noruega, finlandesa e rusa) están de celebración da primavera e… quén sabe, poida que incluso quede algunha aurora boreal despistada…

Apertas!

Esta entrada ha sido publicada en Sin categoría y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.