Suecos, peña curiosa

Bueno, penso que xa tardaba un post do estilo de «qué raro é todo aquí». Velaí vai, e seguro que ten continuación.

Realmente o que nos debería chamar a atención son as poucas diferencias que hai dun país a outro (polo menos se nos movemos no suposto mundo occidental). É chamativo o moito que nos semellamos todos no noso comportamento e nas reaccións. E, no caso de Suecia, fríos aparte, de seguido te sintes como en casa (e máis nesta época de líneas baratas, skypes e blogs…). Rúas, coches, buses, Zaras, McDonalds… Un mundo ben parecido ao noso, para ben e para mal. Precisamente a clave está nas pequenas cousas. Estas son algunhas das que máis me chamaron a atención nestas 3 semanas:

Silencio: debo estar acostumándome porque xa non reparo tanto niso, pero me impactou moito ao comezo. Os suecos son silenciosos e raramente os escoitarás berrar ou mesmo falar.

Systembolaget: unha das peculiaridades máis famosas de Suecia é a súa relación co alcol. Son grandes bebedores, pero a distribución de bebidas alcólicas de alta gradación está restrinxida a un monopolio estatal: unhas tendas chamadas Systembolaget que teñen ademais un horario moi restrinxido e prezos altos. Podes mercar cervexa no súper, pero se queres licores, tes que ir ao Systembolaget si ou si ou pagar cantidades abusivas en pubs, clubs e bares. Curioso é tamén o grao de aceptación positiva que ten entre os propios suecos.

Snus: máis curioso aínda é o do snus, por ser algo moi particular de aquí e pola contradicción que supón co tema do alcol. O snus é unha especie de tabaco en polvo con grandes cantidades de nicotina que se vende en tarrinas circulares e normalmente ven dentro dunha bolsiña. Podes mercalo en calquera súper ou quiosco e a xente o pon debaixo dun beizo e deixa que vaia soltando a sustancia. É un producto prohibido en toda a UE salvo eiquí, onde se consume moitísimo por xente de todo tipo e idade. Eles din que é máis san que o tabaco, e seguramente sexa así, pero os seus efectos sobre a saúde non están claros. É moi adictivo e bastante forte. É habitual que provoque náuseas ou vómitos cando se comeza a consumir. Eu probeino unha vez e tiven que tiralo á media hora porque me revolvía o estómago.

– «A ver el carné«: dende que tiña 16 anos non me pedían o carné. E menos para entrar nun «Sport Bar» ás 8 da tarde. Non hai canas que vallan.

Perruquerías a tutiplén: a pouco que levedes aquí veredes que os suecos (e suecas, pero especialmente eles) van bastante repeinados. Normal, nunha rúa de Göteborg é mil veces máis sinxelo atopar unha perruquería que un súper ou unha papelería. No meu camiño de 10 minutos a Chalmers paso por diante de 4… e nunha zona pouco comercial. Iso si, debe ser a gran competencia a que impón os prezos: hoxe fun cortarme certos pelos crespos que tiña na nuca e me cobraron 230 coronas (25 eurazos) por media horiña e sen lavado…

Comida espacial: case calquera producto con consistencia «pastosa» podes mercalo dentro dunha especie de tubos xigantes de pasta de dentes. Xa sexa sucedáneo de caviar ou paté ás finas herbas ou unha especie de ensaladilla. Dá algo de repelús, si…pero que carallo! In Rome do as Romans…

Cartóns de leite con mensaxe: non saímos do súper. Sóanvos os típicos cartóns de leite co aviso de «nena desaparecida» das películas americanas? Pois aquí fan o mesmo nos cartóns de Mjölk…

– Adoradores de Ra: recordo a sorpresa que causara na moi CTV Praza de Vigo a presencia de Christian Whilemson, xogador sueco do Dépor hai un par de anos, tomando o sol tirado nun banco en pleno mes de marzo. Para el debe ser o máis normal do mundo. Os suecos VENERAN o sol e a luz. Sinceramente, na miña curta estancia vexo que hai bastantes días de «sol», sen nubes nin choiva. Creo que chove bastante máis en Coruña por estas datas (aínda que agora coincidise bo tempo) que aquí. Pero en calquera caso o inverno é escuro e fáiselles MOI longo. De outubro a abril-maio teñen neve, xeadas e días curtos. Por outro lado, o sol quece moi pouquiño aquí. A inclinación dos raios fai que dificilmente chegues a sentir a súa calor, e as sombras son alongadas, polo que dificilmente chegan ás fiestras durante moito tempo. Supoño que por todo isto, en canto ven o sol a xente tenta como sexa sair afora a comer ou tomar un café, aínda que a temperatura sexa baixo cero. É habitual velos «tomando o sol» cos ollos pechos sentados en calquera sitio e enfundados nos seus anoraks durante un break no ir e vir. Curioso.

– Fika e larpeiradas: xa falei da Fika, ese bo costume sueco consistente en facer un coffee break despois de xantar e tomar café ou te con pasteis. Debo engadir que a xente aquí é o máis larpeiro que poidades imaxinar. En todos os súper hai unha sección enorme de gominolas. Un día á semana póñense cochos de semla, unha especie de tartaleta de crema rica pero empalagosa que lles encanta. Un rei sueco morreu de indixestión logo de tomar 14 semlas de postre… Merengues, muffins, biscoitos con especias, tartas……. De todo e para todos e en cantidade! Eu atopei unha especie de merengues recubertos de chocolate aos que me estou voltando adicto…

Muletas: non é fácil moverse polas beirarrúas no inverno sueco. Cheas de xeo, neve e unha especie de pedriñas que botan para evitar que se esbare. Por iso é moi frecuente ver á xente maior axudarse con muletas e andadores nos seus paseos.

– Cash? Non, grazas: hoxe me decatei de que levo toda a semana sen un can en efectivo na carteira. Nin falta que fai. Aquí todo vai con tarxeta. Dende un chicle nun quiosco a unha pinta nun bar, o NORMAL é pagar coa tarxeta de crédito sempre.

Abracitos: os suecos están rodeados por unha burbulla invisible. Complicado entrar dentro dese espacio persoal. Fisicamente tamén ocorre, non son dados ao contacto físico. Son bastante secos nos saúdos e moitas veces non saúdan ao chegar ao traballo ou se despiden ao irse. Un apretón de mans é o máis que podes agardar. Por iso me sorprendeu que, «entre amigos», a despedida habitual sexa unha especie de abrazo, especialmente coas rapazas. Un abrazo medio ful, todo hai que dicilo, cunha soa man e mantendo distancias, of course, pero curioso de todos xeitos.

– «Turcos» todos: cando un sueco se refire a unha persoa de fóra, especialmente aos inmigrantes, acostuma a chamalo «turco», dá igual que sexa español, iraní ou colombiano. Disque o fan con todos pero eu penso que se refire máis ben á xente de pel «escura», xa que aquí hai moitísima xente de Oriente Medio (e moitos turcos, por iso os chaman así) e tamén de Latinoamérica. No meu caso acertan 😛

Chonismo e metrosexualismo: teorías made in Bruño. Entre os tíos suecos hai dous looks fundamentais, independentemente da idade (de 0 a 90): metrosexual e tiradillo. E hai máis do primeiro, mesmo entre cativos e xente maior, que do segundo. O caso das rapazas é máis complexo. Eu diría que hai 3 looks: sosainas, choni cool e alternativa. Tamén hai rapaces que levan rollo alternativo, pero menos. Neste caso hai diferencias en idades: segundo se fan maiores van desaparecendo as alternativas e as sosainas gañan terreo, pero as nordic-chonis seguen estando presentes. Como é o look «choni cool»? Teredes que vir para sabelo, pero en seguida entenderedes a qué me refiro 😉

Outro día máis! Apertas!

Esta entrada fue publicada en Sin categoría y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.